jueves, 1 de junio de 2017

SOMOS MATERIA ALUCINEANTE



   Tanto seres inertes como vivos somos MATERIA.  Algúns tipos de materia debido ás suas características chámanse MATERIAIS. 
As características son:
- transparencia.
           Podo ver a través do material?
- dureza.
         Cede o material cando o moldeo?
- fraxilidade.
         Rompe o material se o tiro?
- flexibilidade
        Estira o material e volve á súa forma?
- solubilidade.
        Disólvese o material nun líquido?

Outras características son a cor, o sabor, o olor e a textura.

Resultado de imaxes para coyote correcaminos no entiendeDifícil de entender?? Que va? Por sorte temos ao Coiote e ao Correcamiños para axudarnos!




Primeiro, ve o video "LA MATERIA" e despois o capítulo do coiote e o correcamiños.



TODOS SOMOS BRILLANTES!

   A película recén estreada Vaiana posúe unha gran cantidade de cancións como BSO. En clase, estivemos traballando a que se titula BRILLANTE.
                    
                     
                               
 Se escoitamos ben a letra, o protagonista crese moi guapo, radiante e brillante pero... tan importante é o aspecto físico? É o mesmo estar delgado que estar san? Imos querer menos a alguén por estar máis gordo ou fraco?  
Os rapaces e rapazas de 2º cren que o máis importante é o interior, que estar delgado non significa estar sano e que é importante moverse e comer un pouco de todo na cantidade axeitada. Ah! e 8 vasos de auga ao día.

miércoles, 31 de mayo de 2017

VALORES DE PELÍCULA 3: DEL REVÉS

  Hai un tempo, mostramos un marabilloso traballo plástico feito por Candela sobre un dos personaxes da película. Nesta caso, esta entrada mostra o noso traballo arredor da animación. Destacamos emocións como alegría, asco, ira, tristeza e medo pero tamén o VÍNCULO
Vínculo é como un lazo de cariño que nos une ás persoas que queremos: a nosa familia e amigos, o noso cole ou os compañeiros do noso equipo.


                       

                      

                     


                   

domingo, 16 de abril de 2017

O PRINCIPIÑO

  Un príncipe chegou ao Bibliocastelo... É o Principiño!!! A nai de Uxía e Mariña prestou á biblioteca diferentes versión do famoso libro de Antoine de Saint-Exupéry: en francés, inglés, árabe, alemán e en dialectos diversos. Os rapaces de 2º estiveron coñecéndoo un pouco. A parte dos libros, o noso protagonista tamén ten películas e cancións.


Capítulo de 1990



Canción "J' ai dans le coeur"


  Despois, fixeron unha descrición e un debuxo para logo presentalo a ordenador. Quen ben quedaron! e canto aprenderon sobre o coidado do planeta e a importancia da amizade!

miércoles, 12 de abril de 2017

MATEMÁTICAS CON POKÉMON


    Que teñen que ver as matemáticas e os Pokémon? En principio, nada. Se incluímos a palabra DESAFÍO, xa está claro! Os rapaces e rapazas estiveron creando pequenos desafíos matemáticos utilizando os seus personaxes favoritos. Estes son algúns dos que crearon... Algún de vós se atreve?

domingo, 2 de abril de 2017

IMITANDO A CHARLOT

  Os rapaces de 2º metéronse na pel de Charles Chaplin e trataron de expresar diferentes emocións sen falar. Imaxinaron diferentes escenas como buscar traballo ou vender nunha tenda pero ao estilo Charlot. Para poñerse no papel, visualizaron algunas escenas deste personaxe para imitalo mellor. Que difícil! Co que lles gusta falar!







Película The Fireman



viernes, 31 de marzo de 2017

PAISAXES DE PELÍCULA

  Mordor, Howards ou "la piña debajo del mar" son lugares que todos coñecemos. Aparecen en series, películas ou animacións que vemos a cotío. En moitas delas, aparecen castelos, montañas ou edificios que non son inventados senon que existen de verdade. Por exemplo: o Castelo de Aladino non é nada máis e nada menos que unha copia do Taj Mahal na India, as fervenzas da película Up son as do Santo del Ángel en Venezuela. Curioso, verdade? Para os rapaces e rapazas de 2º existen paisaxes de ensoñó, lugares reais nos que viven momentos máxicos...Cales son? Chans, a piscina da casa de Mariña en Bueu, Portugal, a ruta da auga ou incluso Santander e a súa estatua de Félix Rodríguez de la Fuente.